SOBRE ALUSOR

ALUSOR - Acción Lucense de Xordos, é unha Organización Non Gobernamental, ONG, sen fins lucrativos de ámbito Provincial, declarada Entidade de Caracter Social, fundada o 15 de marzo de 2003, por un grupo de Persoas Xordas que buscaban unha resposta ás súas necesidades.

ALUSOR está adherida a:   fegaXor - Federación Galega de Persoas Xordas

OBXETIVOS PRINCIPAIS

A defensa dos intereses e dereitos das Persoas Xordas, garantindo a súa participación na sociedade como cidadáns de pleno dereito e en condicións de igualdade de oportunidades, é a fin última de ALUSOR.

Os seus obxectivos primordiais son a execución de políticas, servizos e actividades tendentes á dignificación das Persoas Xordas, á súa plena integración social e á eliminación das Barreiras de Comunicación, Culturais, Psicolóxicas e Físicas, que impidan ou menoscaben a integridade das Persoas Xordas de Lugo e a súa Provincia.

ALUSOR é independente de partidos políticos, aconfesional e de organizacións sindicais.

ALUSOR está inscrita no Rexistro Provincial de Asociacións da Xunta de Galicia co número 6290, inscrita no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Lugo co número 297 e co CIF G-27292986.

ATENCIÓN E SERVIZOS

A nosa entidade presta os seus servizos a todo o colectivo de Persoas Xordas da Provincia de Lugo, independientemente do tipo de perda auditiva, sistema de comunicación, sen diferenciar entre socios e non socios.

Así mesmo as familias de Persoas Xordas e a súa contorna máis próxima son tamén usuarios dos nosos servizos e poden participar nas nosas actividades.

Para rematar, profesionais, estudantes, persoas oíntes interesadas en coñecer a nosa entidade teñen á súa disposición os servizos e profesionais de ALUSOR.

EQUIPO DE ALUSOR

Os recursos humanos son a base da nosa entidade, é o alicerce sobre o que se asentan os nosos recursos, proxectos e servizos.

O noso equipo está formado por Persoas Xordas e Oíntes, Profesionais que colaboran connosco e Voluntarios, que apostan por un obxectivo común,
"A Supresión das Barreiras de Comunicación".


ALUSOR - Acción Lucense de Sordos
Ronda das Fontiñas, 172 - Entlo. C
27002 Lugo (España)
Telf./Fax 982 811 620
Móbil (solo SMS): 697 739 393
Correo electrónico: alusor@gmail.com
www.alusor.org

MAPA DA SITUACIÓN