FORMACIÓN EN LINGUA DE SIGNOS ESPAÑOLA - LSE

A formación en lingua de signos é un dos alicerces cara á participación das persoas xordas na sociedade, a través da difusión e conservación desta lingua, foméntase o achegamento entre a sociedade e as persoas xordas.

Nos últimos anos, o interese pola aprendizaxe da Lingua de Signos incrementouse considerablemente, a gran demanda de persoas interesadas en coñecer a nosa lingua consolidou os cursos de Lingua de Signos Española de ALUSOR.

Todos os nosos cursos cumpren a normativa oficial regulada por:

fegaXor - Federación Galega de Persoas Xordas

OBXECTIVOS:

  • Capacitar aos nosos/as alumnos/as no uso e coñecemento da Lingua de Signos Española - LSE.
  • Introdución ao mundo das persoas Xordas, mediante o coñecemento dos aspectos socioculturais da Comunidade Xorda.

En definitiva preténdese dotar a persoas oíntes, profesionais, persoal da administración pública de ferramentas para a comunicación coas persoas xordas, contribuíndo así á supresión das Barreiras de Comunicación.

OFERTA DE CURSOS

CURSOS DE COMUNICACIÓN EN LSE

Niveis:

  • Inicial
  • Intermedio
  • Superior

Pódense cursar de forma Anual, ou en formato Intensivo, nese caso a duración de cada nivel é dun trimestre, a duración de cada curso é de 150 h.

CURSOS BÁSICOS DE LSE

Curso de Comunicación cunha duración inicial de 75 horas, que se poden complementar cun segundo curso de 75 horas, sendo desta forma equivalentes ao Nivel Inicial e de está forma dáse acceso a aqueles alumnos que estean interesados en realizar o Nivel Intermedio ordinario.

Están dirixidos a entidades públicas e privadas, que formen un grupo de alumnos.

CURSOS LSE PARA PERSOAS XORDAS

Cursos de Reciclaxe en LSE para persoas Xordas: a finalidade principal é actualizar o vocabulario e a gramática das persoas xordas que usan lingua de signos.